- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello explica nun bando as obrigas das terrazas da hostalería en fase 1
15/05/2020. O Concello explica a través dun bando de Alcaldía as obrigas que teñen que cumprir os propietarios dos locais da hostalería nesta primeira fase de desescalada. Por outra parte instan á responsabilidade nesta fase de propietarios e clientes
MELIDE 15 de maio de 2020.- O Concello de Melide explica a través dun bando as obrigas que ten o sector da hostalería coa apertura das terrazas nesta fase 1 de desescalada na que nos atopamos.
Nel explican que se poderá proceder á apertura ao público das terrazas ao aire libre dos establecementos da hostalería e restauración limitando ao 50% das mesas segundo a pertinente licenza municipal. En todo caso deberase sempre asegurar que se mantén a distancia física de 2 metros entre as mesas.
Con carácter xeral, o Concello de Melide autoriza o incremento da superficie que viña ocupando polas terrazas ata o máximo do 50% que se viña empregando co fin de facilitar o cumprimento das medidas de separación e sempre e cando se siga a permitir un paso peonil para os viandantes de polo menos dous metros desde o bordo da beirarrúa ata a primeira cadeira da terraza e se deixe idéntica distancia nos accesos a portais e locais comerciais. En todo caso terase cumprimento conforme os requisitos, prohibicións e condicións establecidas na ordenanza reguladora. Terase en conta as futuras e diferentes normas que se diten polas autoridades pertinentes.
No bando da Alcaldía do Concello de Melide en relación ás terrazas en Melide, tamén se indica que a ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que sexan empregadas para tal fin deberán ser acordas ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
Na prestación do servizo das terrazas, os establecementos deberán seguirse escrupulosamente as medidas de salubridade e seguridade regulada no Boletín Oficial do Estado do 9 de maio de 2020.
Neste bando, dende o Concello de Melide tamén se chama á colaboración de todos e todas os veciños e veciñas para a ocupación e uso responsable das terrazas, mentendo as distancias de seguridade e demais medidas e recomendacións realizadas desde o Ministerio de Sanidade.