Novas

Máis novas

O Concello remata 23 intervencións de asfaltado de vías municipais

08/05/2020. O Goberno municipal axiliza os trámites para poder realizar 25 novas actuacións no que resta de ano. Alcalde e tenente de alcalde visitaron estes días as pistas nas que se realizaron actuacións de mellora para comprobar as obras

MELIDE, 8 de maio de 2020.-  José Manuel Pérez e José Antonio Prado, alcalde e tenente alcalde do Concello de Melide revisaron parte das 23 actuacións de asfaltado realizadas en vías municipais. Os traballos comezaron antes de que se decretara o estado de alarma e veñen de rematar esta semana.

Trátase de actuacións necesarias para facilitar a comunicación a través de viais que presentaban un importante deterioro.

O Goberno municipal é consciente do mal estado no que se atopanoutrosviais, polo que traballa para axilizar os trámites para realizar otras 25 actuacións no que resta de ano.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp