- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide ten previsión abrir o mercado de produtos agrarios o 17 de maio
06/05/2020. Só poderían poñer postos os que sexan titulares de explotacións agrarias, parentes de primeiro grao ou empregados/as das explotacións. O Concello de Melide ten previsión de abrir o mercado dominical de produtos agrarios o 17 de maio
MELIDE 6 de maio de 2020.- O Concello de Melide, conforme ás novas instrucións tanto do Goberno Central como da Xunta de Galicia, organizará a venda directa de produtos agrarios para o vindeiro domingo 17 de maio.
Ata que haxa novas instrucións das autoridades só poderán vender no mercado as persoas titulares de explotacións agrarias que estean rexistradas no rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
As persoas que queiran facer a venda directa e cumpran cos requisitos teñen que chamar ao Concello de Melide para inscribirse no número 981505003 en horario de 9:00 da mañá ata as 14:00 h.
Os requisitos son os seguintes :
1º.- Serán as persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados/as da explotación quen poderán facer a venda directa. 2º.- En canto ás persoas usuarias, a distancia mínima entre cada persoa usuaria do mercado será de 2 m coas excepcións que establece para o efecto a normativa estatal.
Normas a ter en conta á hora de pór os postos: 1º.- Os postos deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima entre eles de 6 m. 2º.- Permítese unha separación mínima de 4 metros entre os laterais.
3º.- Como forma de instalación dos postos na superficie do mercado, recoméndase unha disposición en triángulo (en forma de triángulo equilátero, evitando que un punto de venda estea enfrontado a outro). 4º.- Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. 5º.- Recoméndase aos responsables dos postos poñer á disposición da clientela luvas dun só uso. En todo caso, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda.
4º.- Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.
5º.- Recoméndase aos responsables dos postos poñer á disposición da clientela luvas dun só uso.
En todo caso, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda.