- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Pleno do Concello aprobou hoxe a modificación do POS+2020 por unanimidade
29/04/2020. O Goberno Local tivo que modificar a proposta do POS+2020 porque a Deputación non aceptou a proposta de facturas que tiñan un reparo suspensivo. O pleno celebrado na mañá de hoxe realizouse de maneira telemáticamente ante o estado de alarma
MELIDE 29 de abril de 2020.- No pleno extraordinario celebrado hoxe no Concello de Melide aprobouse a modificación da proposta do POS de 2020 que se aprobara o 18 de decembro de 2019.
Isto foi debido a que naquel pleno de decembro o pleno municipal non levantou o reparo suspensivo dunhas facturas que ascenden a 637.348,59 €. e a Deputación ao final non aceptou que foran no POS+2020.
Polo cal o Goberno Local acaba de facer unha nova proposta nos cales 304.749,97 € destinaranse a gasto corrente de 2020 e 73.752,28 € para a adecuación da Rúa Ourense onde se está facendo actualmente o novo Centro de Saúde xa que correspóndelle ao Concello a adecuación e subministro de electricidade para o novo centro.
O Goberno Local tamén inclúe no Plan Complementario a posta en Valor da Rúa do Convento por un valor de 328.500 euros.