Novas

Máis novas

O Concello de Melide suspende a celebración da Foliada e da Festa do Melindre

03/04/2020. Debido á situación de emerxencia sanitaria que estamos a sofrir por mor da pandemia provocada polo COVID-19, o Concello de Melide toma a decisión de suspender a celebración de ambas as festas nas datas que inicialmente estaban previstas

MELIDE, 3 de abril 2020.-  O goberno municipal vén de tomar a decisión de suspender as vindeiras edicións da Foliada e da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, previstas para a última fin de semana de abril os días 25 e 26, e para a segunda fin de semana de maio, coincidindo cos días 9 e 10, respectivamente.

A incertidume sobre a evolución da crise sanitaria impide fixar nestes momentos novas datas para a celebración de ambos os eventos, se ben dende o goberno municipal contemplase a posibilidade de retomar estes eventos unha vez finalizada a situación extraordinaria que estamos a atravesar.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp