Novas

Máis novas

Frear o Covid-19 é tarefa de tod@s, contamos contigo!

01/04/2020. Con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado o pasado 14 de marzo, eseguindo as recomendacións das autoridades sanitarias tanto,estatais como autonómicas, ten en marcha unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do Covid-19 que adoptou as seguintes medidas:

  1. Suspensión de todas as actividades culturais, educativas, sociais e deportivas  organizadas polo Concello de Melide.
  2. Peche de todos os edificios públicos e instalaciónsmunicipais: escola infantil municipal, edificio multiusos, aulas de conservatorio, biblioteca, locaissociais, centro social, parques infantís e pazo de congresos.
  3. O Concello de Melide permanece pechado ao público pero cos servizos mínimos funcionando en horario de 9h.a 14h. Todos os veciños e veciñas que queiran resolver dúbidasteñen a súa disposición persoal da administración local no teléfono 981 50 50 03 ouna sede electrónica municipal as 24 horas do día.
  4. Todas as persoasmaiores, persoas que vivan soas, persoas dependentes e familias con dificultades, teñen no Concello de Melide o seuapoio. A institución local ten a disposición deste colectivo os teléfonos 981 50 57 06 ou o 680 709 783 para solicitar axudanestes días de confinamento: para ir facer a compra, buscar medicamentos á farmacia, acompañamentoao centro de sáude, etc.
  5. O Concello de Melide enviou diferentes instruccións ante o COVID-19 ás empresas que prestan servizosmunicipais: SAF, Servizo de Limpeza das instalación municipais, recollidadelixo elimpeza viaria e empresas que empregan o velorio municipal.
  6. O Concello de Melide reforzou un novocadroco horario do persoal da Policía Local, para que en cada quendaesteandous efectivos da Policía Local, coordinados constantemente coaGarda Civil.Ao mesmo tempo, Protección Civil de Melide está a disposición as 24 horas para dar coberturas a todas as incidencias que poidanocorrermentres dure o estado de alarma sanitaria.
  7. A Concellaría de Promoción Económica e Facenda do Concello de Melide, coordina as compras necesarias paracomplementar os EPIS e necesidades de protección persoal do persoal do Concello de Melidee do Voluntariado.
  8. Voluntarios de Protección Civil, persoal do servizo de limpeza municipal e traballadores da brigada de obras, traballan cada día en tarefas de desinfección de vías e beirarrúas, así como tamén dos espazosmáisconcorridosestes días, tales como: inmediacións de supermercados, farmacias, centro de saúde, etc.  Tamén se están levando a cabo tarefas de desinfección nas parroquias rurais de Melide.
  9. O Concello de Melide mantense contacto coa oposición para informarlle permanentemente das actuacións que se están levando a cabo. A loita contra o coronavirus é tarefa de todos e todas.
  10.  O Concello de Melide mantén informada á veciñanza de todas as actuacións que se están levando a cabo periódicamente a través dos seus perfís nas redes sociais en facebook, twitter e Instagram, así como na páxina web www.concellodemelide.gal e nasúa aplicación móbil: Melide Informa. 

O Concello de Melide quere transmitir a toda a veciñanza que se están poñendo todos os medios posibles e ao seu alcance para complementar as medidas necesarias para asegurar, enprimeiro lugar, a seguridade dos nosos veciños e veciñas, paliando no máximo posible as consecuencias desta situación.

O goberno local quere agradecer a todas aspersoas que estes días están doblando as súas quendas de traballo e aos voluntarios e voluntarias que mediante o seu facer altruista, fan que Melide día a día loite contra a expansión do Covid-19.

Agradecemos a colaboración de todos os veciños e veciñas e recalcamos a importancia de seguir extremando as precaucións durante estes días, cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias para poder frear o número de contaxios.  Se tes febre, tos seca ou sensación de falta de aire, o teléfono ao que hai que chamar é o 900 400 116 para os casos leves e ao 061 para os casos graves e de emerxencias.

Quedar na casa é o papel máis beneficioso nesta situación para frear a expansión do Covid-19 na nos avila. Contamoscoteuapoio! #Euquedonacasa




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp