Novas

Máis novas

Melide acollerá un curso de mobilización e coidados de persoas dependentes

11/03/2020. Olga Roca, será a encargada de impartir un curso de mobilización e coidados de persoas dependentes que terá lugar o xoves 26, gratuíto e en horario de tarde dende as 16h e ata as 20h. As inscricións poden realizarse no Concello

MELIDE 11 de marzo de 2020.- O edificio multiusos do Concello de Melide acollerá o vindeiro xoves 26 de marzo un curso de mobilización e coidados de persoas dependentes que terá lugar en horario de tarde, dende as 16h e ata as 20h.

Entre os obxetivos desta formación está o de dotar de habilidades aos coidadores de maiores en mobilización, cambios e hixiene postural  e crear un foro onde os coidadores e profesionais sanitarios poidan intercambiar experiencias, sobre coidados de saúde.

O programa do curso profundizará nas principais medidas de hixiene, tanto corporais como posturais e nas técnicas de mobilización: transferencias silla-sillón, mobilización de encamados, técnicas para izarse dende o chan, etc..

Será Olga Roca Bergantiño, enfermeira da área sanitaria de Lugo, a persoa encargada de impartir esa formación en Melide e está dirixido a pacientes, familiares, coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde e as persoas interesadas en participar teñen que poñerse en contacto co departamento de Orientación Laboral do Concello de Melide, 981 50 50 03.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp