Novas

Máis novas

Melide asina un acordo para potenciar a sustentabilidade do Camiño de Santiago

02/03/2020. O alcalde da vila, José Manuel Pérez, asinou un acordo coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia de cara a potenciar a sustentabilidade do Camiño de Santiago centrados principalmente no vindeiro ano 2021, ano Xacobeo

MELIDE 2 de marzo de 2020.- O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, vén de asinar un acordo coa Consellería de cultura e Turismo da Xunta de Galicia para potenciar a sustentabilidade do Camiño de Santiago de cara ao próximo xacobeo que se inicia en 2021.

Non só Melide asinou este acordo, senon que tamén o fixeron os outros 10 concellos que forman parte do Camiño Francés para avanzar na mellora paisaxística e dinamización desta ruta, que concentra seis de cada dez peregrinos, e no que se investirá máis dun millón de euros.

No acto estivo presente tamén  José Antonio García Jurjo, o presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, a entidade que aglutina aos municipios de Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Entre as accións que se levarán a cabo figuran iniciativas de mellora paisaxística e embelecemento de recursos situados neste itinerario, accións de valorización, consolidación ou restauración de bens que integran o patrimonio etnográfico e, ademais, traballarase na supresión de elementos en desuso ou abandonados.

Este acordó tamén permitirá desenvolver actividades culturais e turísticas que favorezan a promoción do Xacobeo 2021, como tamén permitirá a contratación dun técnico que traballe na uniformación das ordenanzas locais que regulan asuntos como a venda ambulante, o embelecemento ou a sinalización ao longo deste Camiño.

Tamén no eido turístico e de promoción desenvolveranse actuacións como a posta en marcha dun destino que opte ao recoñecemento de calidade turística SICTEC e levaranse a cabo accións anuais de promoción do Ano Santo que se executarán de xeito conxunto nos once municipios deste itinerario.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp