Novas

Máis novas

O centro social acollerá unha charla sobre o coronavirus o vindeiro martes

27/02/2020. O Concello a través da súa Concellería de Política Social organiza unha charla informativa sobre o coronavirus que será impartida polo doutor Juan Gestal Otero, profesor emérito de medicina preventiva da Universidade de Santiago

­MELIDE 27 de febreiro de 2020.- O Concello de Melide dende a súa Concellería de Política Social que dirixe actualmente Carmen Liñeira organiza unha charla informativa sobre o coronavirus que terá lugar o vindeiro martes 3 de marzo ás 19h da tarde no centro social.

A charla será impartida polo doutor Juan Gestal Otero, profesor emérito de medicina preventiva da Universidade de Santiago de Compostela e académico das Reais Academias de Medicina e Farmacia de Galicia, quen responderá ás inquietudes dos veciños e veciñas de Melide sobre este novo virus.

Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias informativas que comezou no pasado mes de xaneiro e que terá continuidade nos vindeiros meses, sempre ofrecendo unha perspectiva profesional para resolver as dúbidas da veciñanza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp