Novas

Máis novas

O Concello de Melide mellora a instalación eléctrica do centro de saúde

26/02/2020. O centro de saúde vén de ser obxecto de diferentes melloras por parte do Concello co fin de subsanar graves erros na instalación eléctrica que poñían en perigo o desenvolvemento aos profesionais que alí traballan e dos usuarios

­MELIDE 26  de febreiro de 2020.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería Política Social, mellorou a instalación eléctrica existente no centro de saúde da vila que estaba sendo un obstáculo para que os profesionais que alí traballan puideran desenvolver as súas tarefas con normalidade.

As accións que se levaron a cabo foron melloras no cadro eléctrico que supuxo un custe para as arcas municipais de 4.222,11 euros. Tal e como explican fontes municipais “foi unha actuación que tivemos que acometer xa que nunha instalación como é un centro de saúde é inadmisible que non funcione ben este servizo”. Apuntan que “xa houbo dúas inspeccións no anterior goberno con orde de suspender a actividade que foran ignoradas”.

Engaden que a urxencia de acometer esta mellora vese tamén motivada por  responsabilidade do goberno municipal de ter en óptimas condicións un edificio no que día a día recibe centenares de pacientes e onde mellorar a súa saúde é o obxetivo principal.

O goberno local irá mellorando as diversas deficiencias do centro de saúde de Melide. Unha instalación que dá servizo a 7.025 tarxetas sanitarias, das que 798 son pacientes en idade pediátrica. Mentres que as urxencias extrahospitalarias dan cobertura a 9.600 pacientes dos concellos de Melide, Toques e Santiso, sendo a media diaria de 26 atencións.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp