Novas

Máis novas

Os trasnos da muñeira, primeiro premio de comparsas no concurso de disfraces

26/02/2020. Éxito de participación no concurso de entroido organizado como polo Concello. En total, repartíronse 2.650 euros en premios e houbo participantes que se achegaron dende Fene, Mondoñedo, Ordes, Touro, O Pino e da propia Comarca

­MELIDE 26  de febreiro de 2020.- Coa lectura do pregón e a queima do meco por parte da Asociación Curuxás, coa colaboración da Asociación Cultural e Veciñal Melidá, o Concello de Melide e o grupo de gaiteiros do país, o entroido en Melide poñía o seu broche de ouro a unha programación chea de actividades familiares durante os últimos catro días.

O tempo acompañou e fixo que fose posible realizar o pasarrúas entre o traxecto que une o cantón de San Roque e o pazo de congresos onde se celebrou o concurso de disfraces.

Unha vez alí, todos os participantes foron amosando as súas vestimentas e o traballo feito nas diferentes carrozas para participar no concurso.

O primeiro premio na categoría de parellas e individual dotado de 150 euros  foi para Mamá erizo e os seus fillos traviesos, e o segundo de 100 euros foi para O tanque ecolóxico.

Na categoría de grupos, o primeiro premio dotado de 400 euros foi para o bicho lambón rouballe o ovo ao falcón e o segundo premio dotado de 300 euros foi para O Tanqueto.

No correspondente ás comparsas, o primeiro premio foi para os trasnos da muiñeira dotado con 1.000 euros e o segundo cun aporte económico de 700 euros foi para damas e cabaleiros do tetrabrick.

Dende o xurado resaltaron a participación da comparsa dos usuarios e usuarias con capacidades diferentes de Melide que se disfrazaron dos paiasos da tele, cunha vistosa e animada coreografía sobre o escenario e a actuación dos contos de Anpa Landia, da ANPA do CEIP Mestre Pastor Barral, que un ano máis volveron a sorprender pola cantidade de integrantes na súa comparsa, un total de 130.

O concurso estivo presentado polo coñecido xornalista Fernando Rqr, quen animou ao público a participar do evento.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp