Novas

Máis novas

O Concello de Melide asume a organización da Foliada de mutuo acordo coa Asociación O Castelo

14/02/2020. A Asociación O Castelo cede todos os dereitos ao Concello de Melide de mutuo acordo para que sexa a administración local a que se encargue de organizar o evento, que terá lugar como é habitual a última fin de semana do mes de abril

MELIDE 14 de febreiro de 2020.- O Concello de Melide será o organizador da vindeira Foliada de Melide, que se celebrará a última fin de semana do mes de abril como viña sendo tradición no calendario festivo da vila.  O Goberno local, despois de establecer os contactos necesarios coa asociación o Castelo, onde acordaron obter os dereitos de imaxe e marca do evento, toma o testemuño como promotor da cita melidense coa cultura e a tradición galega. “ Parécenos a decisión máisaxeitada debido á gran transcendencia que a Foliada ten navila e en toda Galicia, tanto a nivel de divulgación da nosa cultura e de creación de lazos sociais, comotamén polo dinamismo económico que xeranavila e na comarca”,

Pola súa banda, a Asociación O Castelo, entidade que impulsou e organizou a Foliada durante 14 anosquere manifestar que cede enteiramente os seusdereitos sobre o evento e a marca rexistrada “Foliada de Melide”, así como a utilización e xestión de logotipos, páxina web e redes sociais a ela asociadas.

Deste xeito, o colectivo cultural entrégalle o testemuño á Administración local e desvincúlase por completo da organización do evento, unha postura que busca ser “coherente” coa decisión tomada en febreiro do ano 2019, cando os integrantes da asociación comunicaron a súa renuncia “irrevogable” a seguir organizando a foliada.

Non obstante, indican dende a Asociación quenestaprimeira edición de iniciativa municipal O Castelo estará “en todo momento” á disposición do Concello e manifesta a súa intención de contribuir desde a experiencia, ben sexa asesorando ou colaborando de xeito puntual, a que a foliada “volva ser o que semprefoi e que miles de persoas continúen achegándose cada ano a Melide para gozar da cultura tradicional”.

Dende o Concello de Melide queremos agradecer a disposición da Asociación O Castelo tanto na cesión como na futura colaboración o que vai permitir a recuperación dunha das festas máis emblemáticas da  nosavila, ademáis de todo o traballo realizado durante todos estes anos a prol da cultura e da tradición galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp