- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle a mostra de postais históricas “Camiño ComPostal”
12/02/2020. Os baixos da casa do concello acollen a exposición “Camiño ComPostal” composto por 110 imaxes que poderán contemplarse ata o 22 de febreiro. É unha mostra organizada pola APECSA, apoiada pola Xunta a través do programa O teu Xacobeo
MELIDE 12 de febreiro de 2020.- A exposición Camiño ComPostal, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), abre dende esta mesma mañá na Casa do Concello de Melide. Despois de comezar o seu percorrido no Cebreiro en outubro, estará instalada na vila ata o día 22. A mostra reúne 110 postais históricas e percorrerá ata a próxima primavera unha ducia de localizacións ao longo do Camiño Francés co apoio da Xunta a través do programa O teu Xacobeo.
Camiño ComPostal ofrece unha visión diferente e nova sobre a gran ruta europea, vista cos ollos daqueles que imprimían e enviaban, hai un século e dende calquera punto de Europa, unha humilde carta ou cartón postal aos seu familiares e amigos. A postal foi un medio de comunicación persoal e comercial relevante, comparable a importancia que teñen na actualidade as redes sociais.
A exposición coincide co 150 aniversario do envío da primeira tarxeta deste tipo. Camiño ComPostal estará presente ata o próximo mes de marzo nos doce concellos galegos do Camiño Francés.