Novas

Máis novas

Música, obradoiros e tradición na programación do Entroido de Melide

07/02/2020. A Concellería de Cultura de Melide vén de presentar a programación para o Entroido. Serán catro días cheos de actividade onde música e tradición irán da man para celebrar unha das festas con máis pegada no calendario galego

MELIDE 7 de febreiro de 2020.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Cultura que dirixe Mayka Basalo vén de presentar o programa de actividades para o Entroido 2020 que se celebrará na vila durante catro días, do sábado 22 ao martes 25 de febreiro.

Mayka Basalo, concelleira de Cultura estivo acompañada de Teresa Louzao, como representante da Asociación Cultural e Ecoloxista Curuxás da vila, colectivo encargado de organizar os pasarrúas do Antroido así como a tradicional queima do mesmo.

A actividade comezará o sábado 22 de febreiro cun obradoiro de elaboración de piñatas ao que continuará a música polas rúas de Melide co Antroido  acompañado da música do grupo Herba Grileira. Xa na xornada do domingo 23 de febreiro, os más cativos e cativas poderán gozar da súa tradicional festa de Entroido con xogos, baile, música, obradoiros, etc., que terá lugar no pazo de congresos e exposicións da vila. Tamén os maiores participarán ese mesmo día no centro social do baile de Entroido coa música do grupo Remolino.

Xa o luns 24 de febreiro pola mañá está organizado un obradoiro infantil de máscaras tradicionais e pola tarde os máis pequenos e pequenas disfrutarán dun obradoiro de repostaría tradicional de Entroido.

O martes 25 de febreiro, o pazo de congresos e exposicións de Melide albergará o tradicional concurso de disfraces para o que xa está aberto o prazo de inscricións no departamento de Cultura e no que se repartirán máis de 2.500 euros en premios.

Para poñer o broche de ouroaoEntroido de Melide contarase co tradicional pasarrúas do Antroido acompañado do grupo Gaiteiros do País ás 19.30h e a lectura ás 21h da noite do pregón coa posterior queima do Antroido onde os asistentes poderán compartir unha degustación  de chocolate e productos típicos destas datas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp