- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Festival MIP chegará a Melide á casa da cultura o vindeiro 28 de marzo
05/02/2020. O proxecto de Música Inclusiva e Participativa, que se dirixe a colectivos de diversidade funcional para traballar a súa integración na vida cultural, chegará á casa da cultura de Melide o vindeiro 28 de marzo tendo entre os protagonistas veciños e veciñas
MELIDE 5 de febreiro de 2020.- A Concellería de Política Social do Concello de Melide, que dirixe Carmen Liñeira colabora de maneira activa coa Asociación Cultura Tres por Catro e co músico, compositor e técnico sociosanitario Robert Pier para a posta en marcha o vindeiro sábado 28 de marzo na casa da cultura da vila o Festival MIP. Isto é, un festival sobre música inclusiva e participativa que terá, entre outros protagonistas, aos veciños e veciñas con diversidade funcional.
Esta iniciativa tal e como explica Carmen Liñeira, concelleira de Política Social do Concello de Melide “diríxese a colectivos con capacidades diferentes para traballar a súa integración na vida cultural, participando activamente neste espectáculo musical que poderemos ver na vila”.
Dende hai varios meses, estes usuarios e usuarias participan nun taller semanal músical impartido por Robert Pier no edificio Multiusos no que se preparan os mantras de sensibilización ambiental e o himno “Diversos Funcionales” traballando a psicomotricidade fina e grosa con instrumentos de percusión menor, dende pandeiretas ata triángulos ou claves.
A maiores dos usuarios e usuarias con diversidade funcional do Concello de Melide tamén se unirán a este espectáculo os integrantes do Centro de Recursos Amarai de Boimorto, a Banda de Música de Arzúa e dúas formacións corais da Coruña.