Novas

Máis novas

Melide conta cun parque renovado no Cantón de San Roque

03/02/2020. O alcalde de Melide, José Manuel Pérez e a conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia visitaron o venres o novo parque situado no Cantón de San Roque e que ten capacidade para albergar a uns 80 nenos e nenas en pleno casco urbano

MELIDE 3 de febreiro de 2020.- O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, acompañado do seu primer tenente, José Antonio Prado e parte do seu equipo de goberno acompañaron á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia na súa visita a Melide.

Pérez e Vázquez, comprobaron en pleno Cantón de San Roque os traballos realizados para poñer en marcha un renovado parque infantil en pleno centro urbano da vila.
 

A nova área de recreo, pensada para unha franxa de idade que abrangue dos 4 aos 14 anos, conta con tres bloques de xogos infantís con capacidade para albergar a uns 80 rapaces. Concretamente, instalouse un carrusel xiratorio inclusivo, xa que está adaptado para o seu uso por nenos con mobilidade reducida; dúas torres modulares con tobogán, rede, rocódromo, barras de escalada e de bombeiros; e un gran xogo central composto por unha rede bidimensional con estrutura metálica e tobogán.

Ademais, tamén se renovou a pavimentación, coa colocación de caucho na área do parque infantil para amortecer as posibles caídas dos cativos, e se melloraron as zonas lindeiras con céspede artificial e pavimento con pintura antideslizante.

O novo parque infantil do Cantón de San Roque, no que Xunta e Concello comprometeron un investimento total de 113.000 euros, súmase ás obras de reforma e posta en valor que xa se acometeran o ano pasado nesta zona e na Avenida de Lugo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp