Novas

Máis novas

Nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Melide celebran o día da Paz

30/01/2020. Baixo o lema “A paz está nas nosas mans” os nenos e nenas da Escola Infantil de Melide celebrou hoxe o día da paz nas súas instalacións. Recibiron a visita da concelleira de Política Social da nosa vila, Carmen Liñeira

MELIDE 30 de xaneiro de 2020.-  Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal do Concello de Melide celebraron esta mesma mañá, coincidindo co día propio da efeméride, o día da Paz.

Ata as instalacións, situadas na rúa Martagona de Melide, achegouse a concelleira de Política Social do Concello, Carmen Liñeira, quen compartiu un anaco da súa mañá con máis cativos e cativos, quenes acompañados das súas maestras explicáronlle o lema deste ano “A paz está nas nosas mans” e as actividades programadas ao longo da xornada para celebrara o día da Paz.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp