Novas

Máis novas

Éxito de participación na actividade “Igual a nós” no centro social de Melide

30/01/2020. Socios e socias do centro social acudiron na xornada de onte mércores a estas instalacións para participar nunha actividade que se chama “Igual a nós” e que pretendía facilitar a vida aos máis maiores formándoos na igualdade

MELIDE 30 de xaneiro.- O centro social da vila acolleu na tarde de onte mércores unha actividade denominada “Igual a nós” na que participaron os socios e socias.

 O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Política Social e Igualdade puxeron en marcha esta iniciativa. Durou ao arredor dunha hora e ademais da obra, tamén houbo unha sesión de debate e unha pequena “perfomance” coa que reflexionar sobre a violencia de xénero, unha iniciativa da Secretaría Xera da Igualdade ao abeiro dun acordo de colaboración coa FEGAMP que conta co patrocinio do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Unha vez rematada a representación escénica, realizouse unha reflexión grupal de 20 minutos de duración. De seguido, estableceuse un coloquio para que todas as persoas poideran expoñer as súas inquedanzas e as súas reflexións, e tamén clarificar conceptos abordados durante a representación escénica.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp