- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide pon en marcha un ciclo de charlas informativas dirixidas aos maiores
21/01/2020. O Concello pon en marcha un ciclo de charlas informativas de cara a ofrecer aos máis maiores ferramentas que lles faciliten o seu día a día. A primeira será no centro social sobre as herdanzas, testamentos, sucesións e doazóns
MELIDE 21 de xaneiro de 2020.- A Concellería de Política Social e Igualdade do Concello de Melide que actualmente dirixe Carmen Liñeira, poñerá en marcha dende mañá mércores un ciclo de charlas informativas dirixidas a facilitar o día a día dos máis maiores da vila.
Así, a primeira cita con este ciclo de charlas informativas terá lugar mañá mércores 22 de xaneiro ás 18.15h da tarde na primeira planta do centro social. A ponente será a notaria de Melide, María del Carmen Carreira Simón, que informará aos asistentes sobre as herdanzas, testamentos, sucesións e doazóns. Explicaráselles aos presentes que diferencia existe entre os diferentes trámites así como tamén cal é o procedemento que hai que realizar para obter os diversos documentos.
As charlas informativas no centro social, celebraranse previsiblemente unha vez ao mes na xornada de mércores á tarde, e serán de entrada libre e gratuíta para todos os veciños e veciñas da vila e os socios e socias do centro social.