Novas

Máis novas

O Concello de Melide denunciará perante ao Xulgado de Arzúa os últimos vertidos

15/01/2020. O equipo de goberno denunciará ante o Xulgado de Arzúa os novos vertidos ao río Furelos. Trátase dunha problemática que se leva arrastrando durante anos no Concello, sen que, gobernos anteriores ou a Xunta intentase poñer solución

MELIDE 15 de xaneiro de 2019.- Recentemente, volveuse a producir unha nova vertedura. O goberno de Melide volveu actuar adoptando as medidas necesarias para o seu cesamento inmediato, poñendo os feitos en coñecemento da autoridade xudicial para que se depuren non só as responsabilidades administrativas senón tamén, de ser o caso, as penais.

O polígono industrial de Melide, promovido pola Xunta de Galicia a través de Xestur, carece de depuradora de augas residuais. Por este motivo, as empresas do polígono teñen que depurar os seus propios residuos de xeito obrigatorio, tal e como se contempla nas correspondentes licenzas.

Sen embargo, durante anos, as empresas instaladas no polígono verteron directamente no río Furelos. Ao longo de todos eses anos, a desidia da Xunta de Galicia e dos distintos gobernos municipais explica a deterioración ambiental que o Concello de Melide está a sofrer. Baste ver que desde a posta en marcha do polígono os anteriores gobernos locais non incoaron expediente ningún en relación coas verteduras do polígono.

Así o recoñece o SEPRONA da Guarda Civil nun informe datado o 9 de setembro de 2019 e referido ao período 2004-2019 que, literalmente, di “que en varios informes dos axentes se recomenda informar á autoridade xudicial competente do desinterese por parte da Administración en dar solución á falta de depuración das augas residuais do polígono, e por conseguinte por unha posible prevaricación por omisión”.

En contraste coa actitude omisiva dos seus predecesores, o actual Goberno municipal púxose mans á obra desde o primeiro día para pór fin ás verteduras procedentes do polígono: incoación de expedientes de reposición de legalidade, vixilancia intensiva por parte da Policía Local (máis de 70 atestados) e denuncia perante o Xulgado de Instrución de Arzúa onde nos presentamos como acusación particular.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp