Novas

Máis novas

Os Reis Magos visitaron Melide para compartir a ilusión dunha noite máxica

07/01/2020. Melchor, Gaspar e Baltasar, visitaron Melide para compartir a ilusión antes a noite máis máxica do ano. Despois do seu percorrido polas rúas da vila recibiron á veciñanza no seus tronos reais instalados na casa da cultura

MELIDE 7 de xaneiro de 2020.- Como vén sendo habitual, os Reis Magos visitaron Melide durante a xornada do pasado domingo. Chegaron nas súas tradicionais carrozas realizando un percorrido dende o pazo de congresos e exposicións da vila polo centro do pobo ata chegar aos tronos reais que, este ano como novidade, estiveron situados na casa da cultura.

Este ano, con anterioridade ao recibimento de Melchor, Gaspar e Baltasar no Cantón de San Roque, os protagonistas foron os alumnos de baile moderno, xa que amenizaron a espera cos seus bailes. Abrindo paso á cabalgata deste ano, atopábanse medusas enormes feitas con globos que espertaron a curiosidade de todos os asistentes.

O propio día de Reis, onte luns 6 de xaneiro, os maiores, socios e socias do centro social, celebraron unha xornada especial na instalación cun brinde e unha xornada musical. No trascurso da tarde, levaronse a cabo varios sorteos de agasallos entre os presentes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp