- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide remata o ano con actividades programadas para todas as idades
27/12/2019. Na última fin de semana do ano 2019, Melide albergará actividades dirixidas a grandes e pequeno. Teatro, obradoiros sustentables, celebracións de fin de ano para cativos no pazo de congresos e para maiores no centro social, etc.
MELIDE 27 de decembro de 2019.- A última fin de semana do ano vén cargada de actividade no Concello de Melide. Dentro da programación do Nadal Cultural, organizado pola Concellería de Cultura á fronte da cal se atopa Mayka Basalo.
Esta tarde, no pazo de congresos e exposicións da vila e con horario de 16.30h a 19.30h celebrarase un obradoiro de eco-adornos destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Dentro deste taller, amosarásellos aos participantes unha árbore chea de adornos feitos con elementos naturais ou materiais de refugallo, á vez que se reflexionará sobre a posibilidade de celebrar un Nadal máis sustentable, como por exemplo, facendo os nosos propios adornos para estas festas. Os rapaces e rapazas que participen farán eco-adornos que poderán levar para a súa casa.
Será mañá sábado cando tamén no Pazo de congresos e exposicións de Melide se celebre unha festa infantil de prefin de ano con música, baile e cotillón e pola tarde, en horario de 16h a 20h haberá un parque de inchábles de salto de tobogán, obstáculos, etc..para todos os cativos e cativas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos.
Xa na noite do sábado, ás 20.30h chegará a Melide o monólogo de J.J.Vaquero, guionista e colaborador de “El Hormiguero” de Antena3TV. Nas súas actuacións aborda sen rodeos e sen pelos na lingua a súa vida cotiá, sempre dende o seu particular punto de vista. Está organizado pola ASPX Sagrado Corazón, programa O teu Xacobeo e as entradas poden mercarse en ataquilla.com e en Cervecería Pinocho.
O domingo, a casa da cultura, acollerá a obra de teatro infantil “Patapatúm”, da compañía Elefante Elegante dirixida a un público familiar e recomendado dende os 3 anos. A entrada será de balde.
Os maiores do centro social gozarán na tarde dominical dunha festa de nadal con degustación de produtos destas datas acompañados coa música de Suso de Boente.
O luns 30 de decembro, volverá o teatro infantil á casa da cultura de Melide co “Pavillón de Lino” da compañía Caramuxo Teatro, unha obra para público familiar recomendado para nenos e nenas a partir de 5 anos. Entrada de balde.
MERCADILLO SOLIDARIO DO ALUMNADO DO CEIP MESTRE PASTOR BARRAL
Os 22 nenos e nenas de 5º de Primaria do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide teñen todo preparado para abrir as portas do seu I Mercado Solidario de xoguetes mañá sábado, 28 de decembro, ás 11 da mañá.
Poñerán á venda moreas de xoguetes e libros infantís que xuntaron entre todo o alumnado do seu colexio. Con esta iniciativa pioneira no seu concello queren axudar a dúas entidades galegas ASANOG (Asociación de Axuda a nen@s Oncolóxicos de Galicia) e á FUNDACIÓN ANDREA que tanto axudan ás familias de nenos e nenas que padecen enfermidades graves.
O horario do Mercado Solidario de Xoguetes que se celebrará no Pazo de Congresos da vila será de 11:00 a 20:00 de xeito ininterrompido.
SAN SILVESTRE DE MELIDE
O ano rematará en Melide, coa tradicional San Silvestre que terá lugar ás 16.30h para os escolares e ás 17h para os adultos, con saída da praza do Convento o vindeiro martes 31 de decembro. Está organizada pola Asociación Deportiva Cerne Melide e terá como anos anteriores carácter solidario. As persoas interesadas en participar tan só terán que achegar alimentos non perecedoiros para poder recoller o seu dorsal.