- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide poñerá en valor o casco antigo coa reforma da rúa de San Pedro e do Convento
27/12/2019. O goberno municipal aposta pola mellora e conservación do casco antigo. Tal é así que a Deputación vén de aprobar o proxecto da rúa de San Pedro e o Pleno local a posta en valor da rúa do Convento, con preto de 600.000 euros
MELIDE 27 de decembro de 2019.- O goberno municipal traballa para poñer en valor o casco antigo de Melide. O último Pleno celebrado na Deputación da Coruña atendeu a petición melidense de mellorar a rúa de San Pedro e aprobou un proxecto para a súa rehabilitación e conservación por un importe de 249.782,49 euros.
A esta reforma da rúa de San Pedro, engadiráselle outras melloras que se realizarán na rúa do Convento, aprobadas no último Pleno municipal celebrado que supoñerán unha inversión para a posta en valor do casco antigo melidense de máis de 578.000 euros.
Ámbalas dúas actuacións, teñen como obxetivo principal poñer en valor o casco antigo da vila. As dúas rúas forman parte da rede viaria do casco histórico de Melide e presentan un trazado claramente medieval, pola súa configuración morfolóxica. Tanto a rúa do Convento como a rúa de San Pedro son soporte para o Camiño de Santiago ao seu paso por Melide, de vital importancia para a vila.
Entre as actuacións que se levarán a cabo están accións como a sustitución completa do pavimento, optimizando non só técnicamente a solución actual, senón adecuando esta a un maior grao de calidade ambiental, acorde co valor histórico da rúa. Tamén se levará a cabo a instalación dunha rede separativa de saneamento e pluviais.
As actuacións teñen como obxetivo facilitar que a vila teña un casco antigo máis humanizado e ofreza cada vez máis posibilidades de goce e benestar aos veciños e veciñas.