Novas

Máis novas

O Pleno do Concello de Melide aproba o POS+2020 por unanimidade

19/12/2019. O Goberno aproba a proposta do Proxecto Básico e de execución da rúa do Convento por un valor de 328.500 euros.Tamén aprobou para incluir no POS+2020 o financiamento de facturas pendentes de pago da época do anterior goberno

MELIDE 19 de decembro de 2019.- No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Melide levaronse dous puntos importantes.

O primeiro era o Levantamento de reparos suspensivos de facturas por un valor de 637.348,59 euros correspondentes todas ao anterior goberno. E o segundo punto foi a proposta do Concello de Melide para o POS+2020 por un montante de 656.812,72 euros.

Con respecto ao POS+2020 aprobouse por unanimidade a proposta do Goberno Local que inclúe no Plan Complementario a posta en Valor da Rúa do Convento por un valor de 328.500 euros. Con esta aprobación inicial séguese na liña deste Goberno Local de por en valor a recuperación do casco antigo, xa que sería a segunda zona que este Goberno Local quere levar acabo nesta zona da Vila, a primeira foi a rúa Principal, por onde discorre o camiño Francés e agora e a Rúa do Convento.

O equipo de goberno ten que destinar do POS+2020 378.502,25 euros a facturas. As Bases do POS+2020 obriga aos concellos a facer fronte primeiro o pago pendente de facturas que teña a entidade ata o 30 de xuño de 2019. Todas as facturas son do anterior mandato do Partido Popular.

Con respecto ao pago aos provedores debateuse nun punto anterior no pleno extraordinario o levantamento dun reparo suspensivo. Isto veu dado por un Informe de Intervención que detectou un montante de 637.348,59 euros en facturas pendentes de pago do anterior equipo de goberno e no que se sinala que estas facturas non tiñan crédito no orzamento municipal, e moitas delas correspondese con obras sen Proxecto, nin memoria valorada nin certificacións de entrega entre outras irregularidades.

Tamén se desprende do Informe de Intervención que en moitos das facturas apreciase fraccionamento de contrato. Ante estas irregularidades, o equipo de goberno que se adheriu ao Informe de Intervención votou en contra do levantamento deste reparo, e o Partido Popular abstívose, co que quedan en suspenso e non se poderán pagar estas facturas que comprometeu o anterior goberno, e os provedores terán que ir a vía xudicial para reclamar ditos pagos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp