Novas

Máis novas

A mostra

11/12/2019. A sala de exposicións da casa da cultura de Melide acolle dende hoxe e ata o vindeiro 18 de decembro a mostra “O fin do Camiño” que conta co apoio do programa O teu xacobeo. Poderá visitarse en horario de tarde de 16.30h a 21.00h

MELIDE 11 de decembro de 2019.- A sala de exposicións da casa da cultura de Melide acolle dende a tarde de hoxe a exposición O fin do Camiño, unha mostra promovida por GaliciaDigital e o Colectivo Egeria, co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

Trátase dunha exposición itinerante sobre a parte máis persoal e íntima do Camiño de Santiago, explorando as motivacións que levan ao peregrino a facer o Camiño.

Son 10 paneis que, tras o seu paso Melide, percorrerán de xeito itinerante outros concellos como Palas de Rei, Paradela, Samos ou Pedrafita do Cebreiro, entre outros.

A mostra poderá verse en Melide dende esta mesma tarde e ata o próximo mércores 18 de decembro en horario de 16.30h a 21h.  Pódese ampliar máis información na páxina web do proxecto: www.ofindocamiño.org.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp