- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de 600 persoas visitan a oficina de turismo en novembro pese ao mal tempo
03/12/2019. A oficina de turismo do Concello de Melide situada na parroquia de Furelos, vén de recibir o pasado mes un total de 608 visitantes na súa chegada á vila para coñecer máis da nosa gastronomía, a nosa cultura e o noso patrimonio
MELIDE 3 de decembro de 2019.- Os técnicos de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de novembro en canto a visitas se refire. As cifras son as seguintes: 608 persoas foron as persoas que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos no mes que vén de rematar pese as malas condicións climatolóxicas que se viviron en Galicia.
Pasaron pola oficina unha media de 21 persoas ao día, procedentes de diversos países do mundo. En canto aos visitantes de nacionalidade española, visitaron Melide unha media de 8 diarios, o que mostra un significativo aumento con respecto o mes anterior en canto o porcentaxe deste segmento, pasouse dun 33% a un 40%. Os peregrinos españois proceden en gran parte da Comunidade de Madrid, Cataluña e Andalucía, destacando este mes a chegada de peregrinos procedentes da nosa Comunidade Autónoma.
No correspondente á chegada de europeos, a media cae a unhas 4 persoas ao día aproximadamente, este foi o segmento que máis baixou con respecto o mes anterior, pasouse dun 27% a un 18% do total de visitantes. Veñen dende todos os puntos de Europa, destacando Italia, Alemaña, Francia e Reino Unido.
Do resto do mundo a media é de 9 persoas diarias. A súa maioría son coreanos, seguido de latinoamericanos, onde destacan: mexicanos, colombianos, arxentinos e brasileiros e estadounidenses.
TIPOLOXÍA PEREGRINO NOVEMBRO: HOME QUE REALIZA O CAMIÑO EN SOLITARIO
Ao longo deste pasado mes de novembro percibiuse un cambio importante no número e na tipoloxía de peregrino que entrou na nosa oficina de información turística situada na Casa- Museo de Furelos.
A tipoloxía de peregrino mudou neste mes de novembro, a maioría dos peregrinos están a facer o camiño en solitario e apreciouse un descenso do número de mulleres facendo o camiño, por primeira vez neste ano houbo neste mes máis homes que mulleres facendo o camiño. Continuando a dinámica do mes anterior, os peregrinos están percorrendo o camiño dun xeito moito máis relaxado e calmado, parándose a observar a paisaxe, a visitar os monumentos arquitectónicos, a compartir verbas coa poboación local dos diferentes pobos, en entrar nas oficinas de información a preguntar as súas dúbidas; en definitiva, paráronse máis a apreciar todo o que rodea o camiño. A motivación destes camiñantes é máis espiritual e cultural que de lecer ou deportiva, como sucede nos meses de verán.
Dende a oficina de turismo de Melide, indican no seu informe do mes de novembro que os peregrinos que fan o camiño nestas datas gozan dunha mellor condición física e de maior experiencia, xa que moitos deles fixeron algunha das rutas xacobeas con anterioridade. Facer o camiño neste mes, menos proclive o bo tempo, débese a que estes son coñecedores da masificación da ruta na época estival, e buscan gozar dunha maior intimidade e percibir mais se cabe a experiencia de facer o camiño en soidade. Neste mesmo sentido, tamén se aprecia un incremento de peregrinos de larga distancia, é dicir, de peregrinos que fan o camiño dende Roncesvalles ou dende outros puntos anteriores a entrada do camiño en Galicia. Na tempada estival a maioría de peregrinos comezan a ruta en Sarria, xa que pretenden cubrir a distancia mínima de 100 km para obter a compostela.
METEOROLOXÍA ADVERSA
No pasado mes de novembro, descendeu de forma notable o número de visitantes, de 3.137 en outubro a 608 en novembro, consecuencia de que estamos xa nun mes tradicionalmente con pouco peso turístico, que non é habitual que sexa elixido por peregrinos e visitantes para facer o camiño ou para gozar das súas vacacións. Este descenso veuse agravado polas malas condicións climatolóxicas, o tempo este ano xogou un papel determinante xa que sucedéronse moitos días consecutivos de mal tempo ao longo do mes. Isto veuse reflectido nas cifras de visitantes con respecto a novembro de 2018, cunha caída do 29,8%. Este dato e pouco significativo xa que a tendencia xeral deste ano é a alza, polo que se entende que as circunstancias meteorolóxicas foron claves neste descenso puntual.