Novas

Máis novas

Melide forma ás asociacións na realización de trámites na sede electrónica

02/12/2019. O xoves 12 de decembro a aula CEMIT de Melide, situada no edificio multiusos acolla unha xornada formativa dirixida aos responsables das asociación para saber máis sobre a realización dos trámites a través da sede electrónica

MELIDE 2 decembro de 2019.- A aula CEMIT do Concello de Melide, situada no edificio multiusos, acollerá o xoves 12 de decembro ás 19.30h da tarde unha xornada formativa dirixida aos responsables das asociación sen ánimo de lucro para asesoralas na tramitación electrónica de axudas e subvencións.

Dende o Concello de Melide recordan que, a partir deste ano, é obrigatorio tramitar as axudas municipais para festas parroquiais e actividades deportivas, culturais e educativas pola vía electrónica, de maneira que na xornada do xoves 12 de decembro en Melide, ofreceráselles a asociación e entidades sen ánimo de lucro da vila, formación para facilitar a súa tramitación.

Durante a formación, os asistentes poderán coñecer o renovado aspecto da sede electrónica despois das novidades implantadas nesta oficina dixitral dende o pasado mes de febreiro.A formación será impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp