Novas

Máis novas

Melide concéntrase na praza do Convento fronte á violencia de xénero

25/11/2019. A praza do Convento acolleu hoxe dúas concentracións fronte á violencia machista. Unha pola mañá e outra á tarde onde a veciñanza berrou para facer fronte á violencia de xénero, unha lacra cada vez máis latente na nosa sociedade

MELIDE 25 de novembro de 2019.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Políticia Social, adheriuse ao protocolo da campaña “En negro contra as violencias machistas” na que participaron 113 concellos galegos, tres deputacións e axentes sociais.

Así, durante os días previos ao 25N e tamén posteriores, os comercios e empresas de Melide colgaron nos seus escapartes os carteis co lema Melide en Negro, unha campaña que durará ata o 25 de decembro.

Durante a xornada de hoxe, 25 de novembro, o Concello de Melide, a través da abogada do CIM, Silvia Míguez, a concelleira de Política Social, Carmen Liñeira e a técnica de Cultura do Concello de Melide, Rosalía Romero,  leron un manifesto na praza do Convento ás 12h da mañá. As súas palabras condenaron unha vez máis a violencia machista en todas as súas formas, dende o maltrato psicolóxico ao físico.

Por outra os rapaces e rapazas do IES de Melide traballaron os conceptos da desigualdade, machismo ou sexismo na música ao longo da historia, facendo un cambio nas letras das cancións que escoitan habitualmente por unha linguaxe non sexista.

A xornada do 25N en Melide rematou cunha nova concentración ás 20h da tarde na praza do Convento, onde o alumnado do CEIP Mestre Pastor Barral, quenes portando diferentes mensaxes de represalia á violencia machista, cantaron unha canción e espertaron a esperanza dos presentes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp