Novas

Máis novas

Concello e SEA trasladan aos empresarios a posibilidade de crear chan industrial

21/11/2019. Un medio cento de empresarios e empresarias foron informados das posibilidades de ampliación de solo industrial en Melide. Na xuntanza de traballo estiveron presentes o Concello de Melide, representantes de SEA e de ASETEM

MELIDE 21 de novembro de 2019.- José Manuel Pérez, alcalde de Melide, o tenente de alcalde, José Prado e o Concelleiro de Industria, Xosé Igrexas, xunto co presidente de Asetem, Manuel Vázquez e a Xerente do SEA, Beatriz Sestayo, expuxeron ante case medio cento de empresarios e empresarias de Melide e comarca as posibilidades de ampliación de solo industrial.

Nesta reunión interviu os membros do goberno local presentes xunto co presidente de Asetem.

 A xerente do SEA, Beatriz Sestayo agradeceu a invitación do Concello a esta reunión para “pulsar” a opinión do empresariado sobre a demanda de chan industrial. Lembrou que o SEA está participada nun 83 % polo Ministerio de Fomento e un 14 % pola Xunta de Galicia.

Despois de dita reunión a xerente do SEA explicou que “ constatouse que hai unha demanda na zona”, pero aclarou que “ o lugar no que se instale” chan industrial ten que valorarse dende o maior rigor posible.

O tenente de alcalde, José Prado, explicou que a Xunta de Galicia xa respondeu o ano pasado, ante catro posibles alternativas de creación de mais chan industrial, descartando duas das alternativas, co que as opcións mantíñanse as outras dúas, que foron expostas na reunión.

O obxectivo do goberno local é realizar un traballo conxunto que avance no estudo dunha posible recalificación do chan e no análise da demanda existente no sector empresarial, ao tempo que se inicia o contacto cos organismos que poderían acometer este parque empresarial, como podería ser SEA.

No caso de que as distintas xestións avancen según o previsto, os trámites terían unha duración de 2 ou 3 anos.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, puxo en valor o encontro como toma de contacto para avanzar no desenvolvemento de chan industrial. “ Seguiremos en contacto co empresariado para tomar unha decisión, pero o que non imos é estar parados. Que é viable, pois vamos para diante, porque o equipo de goberno local tomou a decisión de intentar que sexa viable o chan industrial da vila” indicou.

O presidente de Asetem agradeceu a iniciativa do concello de contar co empresariado para avanzar nun tema tan transcendental para Melide e comprometeuse a seguir colaborando neste tema.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp