- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide aprobará un orzamento que se incrementa un 13%
20/11/2019. O actual goberno local levará a pleno un orzamento que ascende a 7.781.279,77 euros.O obxectivo desta proposta de orzamento é a modernización administrativa do concello e iniciar un novo proxecto de futuro para Melide.
MELIDE 20 de novembro de 2019.- O novo goberno local leva e tempo en forma a proposta de orzamentos para 2020, despois de dúas prórrogas do anterior.
O anterior goberno popular con maioría absoluta non foi capaz de aprobar en dous anos un orzamento axeitado para o pobo. Polo que o novo equipo de goberno púxose mans a obra para facer un orzamento realista e co obxectivo fundamental de regularizar todos aqueles contratos que están caducados e que o anterior goberno por desidia non foi quen de quitalos adiante.
O orzamento está equilibrado en gastos e ingresos, en 7.781.279,11 €, que supón un aumento do 13,16 % con respecto ao do 2018.
Resumo de datos:
INGRESOS |
GASTOS |
||
Impostos directos |
31,49 % |
Persoal |
27,02 % |
Impostos indirectos |
1,03 % |
Gastos correntes |
46,65% |
Taxas |
13,03 % |
Transferencias Correntes |
2,88 % |
Transferencias de Capital |
21,41% |
Investimentos Reis |
22,93 % |
Con respecto ao capítulo I, gastos de persoal, prevense as retribucións experimenten un aumento do 2,50 %, previsto como suba salarial polo estado.
Ademais na mesa de negociación cos sindicatos o pasado xoves 14 de novembro onde se aprobou por unanimidade o cadro de persoal, tamén se chegou acordos para a modificación da RPT que se levará acabo no 2020, así como a aprobación do primeiro convenio colectivo entre outros acordos en materia de persoal.
No capítulo de investimentos destacar que para o 2020 está orzamentado 1.793.940,89 €.
- Do POS+2018 son 366.562,92 € Reforma da rúa Camiño Real.
- Tamén do POS+2018 son 214.298,32 da Mellora da Pavimentación pista a Ponte da Pedra e outros.
TOTAL POS+2018: 580.861,24 €
- Do POS+2019 SON 99.321,35 € DA Melloran de Servizos e seguridade vial de Martagona e Furelos e outros.
- Do POS+ Adicional 2019 son 298.248,50 € para o Proxecto Básico e de Execución Reforma e posta en Valor da Rúa Campo Grande.
TOTAL POS+2019: 397.569,85 €
- Do POS+2020 destinase 311.734,97 € para facer fronte ás facturas pendentes de pagamento a provedores deixados polo anterior goberno.
-No POS Adicional 2020 que son 249.782,49 € é para o Proxecto Básico e de Execución adecuación e posta en valor da Rúa San Pedro.
TOTAL POS+2020: 561.517,46 €
Vai tamén orzamentado 317.885,15 € para a renovación de alumeado público exterior que se solicitará a través dunha subvención do IDAE.
Algún datos interesantes con respecto ao proxecto de orzamentos para o 2020 son :
1.- A débeda pública supón o 0,53%.
2.- Pavimentación das vías e Infraestruturas supón 22,16 %.
3.- Abastecemento domiciliario auga potable supón o 2,95 €.
4.- Parques e xardíns, limpeza viaria e Recollida de lixo o 10,96 %.
5.- Asistencia social o 10,26 %.
6.- Promoción Cultural e Deportes o 9,48 %.
7.- Alumeado Público o 3,89 %.
COMPARACIÓN 2019-2020 |
||
|
2018 |
2020 |
INGRESOS |
6.876.522,27 € |
7.781.279,77 € |
GASTOS |
6.876.522,27 € |
7.781.279,77 € |
