Novas

Máis novas

O viño espumoso e os doces típicos da vila no Itinerario Gastronómico

18/11/2019. Melide acolle por terceiro ano consecutivo as xornadas de exaltación de productos gastronómicos dos concellos da mancomunidade de municipios galegos do Camiño Francés. O viño espumoso e doces típicos da zona serán os protagonistas da xornada

MELIDE 18 de novembro de 2019.- O Concello de Melide ten programado celebrar unha xornada de degustación de viño espumoso e doces típicos da zona o vindeiro sábado 23 de novembro ás 19h da tarde na casa da cultura da vila. Foi a proposta elixida para participar no itinerario gastronómico que como anos anterios se organiza dende a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés. 

Nesta ocasión promocionaranse os doces típicos de Melide: melindres, ricos e amendoados e o viño espumoso, dun coñecido emprendedor local que vén de sacar este produto ao mercado e realizará unha pequena presentación para dar a coñecelo entre os asistentes. Realizarase unha pequena maridaxe entre este viño e os doces melidenses, acompañado de música ambiente.

Dende o Concello de Melide animan a asistir a este evento xa que se trata dunha iniciativa que pon en valor os produtos locais, degustalo e coñecelos na acompañada dos veciños e veciñas.

Trátase dunha actividade que se enmarca dentro do itinerario gastronómico que se organiza dende a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para dar a coñecer os produtos típicos dos municipios que forman parte deste colectivo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp