- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de 20 actuacións na XXX Semana da Música da Terra de Melide
14/11/2019. Chega á vila a XXX Semana da Música da Terra de Melide e faino con 23 actuacións musicais ao longo de dúas fins de semana de novembro. Tal e como vén sucedendo anos atrás, trátase dun escaparate da música local e comarcal
MELIDE 14 de novembro de 2019.- Como xa é habitual, a Coral Polifónica de Melide en colaboración co Concello de Melide organiza un ano máis unha nova edición da semana da música, e con esta xa van trinta. Seguindo a tónica de anos anteriores as actuacións celebraranse en fin de semana, xa que son os días nos que se conta con maior afluenza de persoas na vila e polo tanto, son os elixidos para todas as actuacións.
A semana da música de Melide comezará mañá venres coas actuacións de Trisquileiros, Leirabuxo, e os solistas: Fátima Lea Sanfiz, Irene Ruiz Carmuega, Xoán Curros Vázquez e Luis Garea. Para o sábado as actuacións protagonistas serán o grupo de gaitas Pozo Pequeño, Froito Novo e a Charanga “Os amigos” de Visantoña. Durante a xornada do domingo, subiránse ao escenario da casa da cultura a Asociación “A Maristela” de Sobrado dos Monxes, o grupo de Cantareiras e Herba Grileira.
Xa durante a segunda fin de semana de programación, que coincidirá cos días 22,23 e 24 de novembro, os protagonistas serán na xornada de venres o alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Melide, a Coral Polifónica de Santiso e o grupo de giatas “Vide Preto”. Será a quenda para o grupo de gaitas “O Balado” de Toques, Os Melidaos e os solistas locais Fátima Lea Sanfiz, Irene Ruíz Carmuega, Xoán Curros Vázquez e Luis Garea Pampín.
Xa como broche final o domingo 24 de novembro, será a Banda de Música de Visantoña e a Coral Polifónica de Melide as actuacións que pechen a XX Semana da Música da Terra de Melide.
Todas as actuacións terán lugar na casa da cultura de Melide ás 20.30h da tarde con entrada gratuíta.