Novas

Máis novas

Aberto o prazo para participar na campaña de esquí 2020 da Deputación

12/11/2019. Melide participa un ano máis na campaña de esquí na que 5 nenos e nenas poderán gozar dunha estancia en Manzaneda. O prazo está aberto ata o 4 de decembro. As inscricións poden realizarse no departamento de Deportes do Concello.

MELIDE 12 de novembro de 2019.- O Concello de Melide colabora un ano máis coa Deputación da Coruña na súa campaña de esquí. Este ano terá lugar na Estación Invernal de Manzaneda.

Os nenos e nenas de Melide deberán facer a súa inscrición no departamento de Deportes do Concello de Melide e terán de prazo ata o 4 de decembro para facelo.

Son 5 as prazas que a Deputación lle adxudicou a Melide.  Unha vez rematado o prazo de preinscrición, no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, o Concello de Melide fará un sorteo público ante a secretaria do concello para adxudicalas.

Os participantes desfrutarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursos de esquí e outras actividades que se levarán a cabo durante a fin de semana.

A quenda que lle corresponde aos participantes de Melide é a quinta que terá lugar do 21 ao 24 de febreiro de 2020.

Todos aqueles rapaces e rapazas da provincia con idade entre os 11 e 15 anos, residentes en calquera municipio da provincia e que queiran desfrutar dunha fin de semana de estadía na neve, deberán realizar a preinscrición no seu concello.  Terán preferencia aqueles rapaces e rapazas que non desfrutaran desta campaña da neve en anteriores ocasións.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp