Novas

Máis novas

Concello e SEA estudan plans de prosperidade económica para Melide

08/11/2019.  No día de onte, a xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, visitou Melide e tivo a oportunidade de manter unha xornada de traballo co goberno para abordar temas importantes para a prosperidade económica na vila

MELIDE 8 de novembro de 2019.- A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Melide, José Manuel Pérez, o primeiro tenente de Alcalde, José Antonio Prado e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas no día de onte.

O obxetivo foi abordar a situación actual da superficie industrial no concello e da Comarca e na que se trataron temas importantes para a prosperidade económica da localidade.

Durante este encontro estableceuse un plan de traballo que se irá concretando en actuacións que se agardan que sexan de relevancia para Melide e Comarca.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp