- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O centro ocupacional acolle un taller de música inclusiva e participativa
07/11/2019. Os usuarios e usuarias do centro ocupacional participan dende esta semana nun obradoiro sobre música inclusiva e participativa. A actividade que se leva a cabo no edificio multiusos en horario lectivo levarase a cabo ata maio
MELIDE 7 de novembro de 2019.- Os usuarios e usuarias do centro ocupacional de Melide participan dende esta semana e ata o próximo mes de maio nun obradoiro sobre música inclusiva e participativa. A iniciativa que conta coa colaboración da Concellería de Política Social do Concello de Melide trátase dun proxecto que se dirixe aos colectivos de diversidade funcional para traballar a súa integración na vida cultural, participando activamente nun espectáculo musical, creado por Robert Pier, compositor e musicoterapeuta encargado de impartir este taller en Melide.
Nos talleres de música inclusiva e participativa no centro ocupacional de Melide utilizan diferentes instrumentos.