Novas

Máis novas

O Concello intensifica o mantemento nos cemiterios nas vésperas de defuntos

29/10/2019. A brigada de Obras e Servizos locais leva a cabo os traballos necesarios para adecentar os dous cemiterios municipais, traballos que de cara aos días de defuntos e tódolos santos se intensificaron por parte da brigada local

MELIDE 29 de outubro de 2019.- Aínda que o traballo de limpeza e ornato nos dous cemiterios municipais de Melide é constante tanto no cemiterio do Castelo como no cemiterio de Furelos, o certo é que nestes días previos á celebración de Todos os Santos, a brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide intensifica os seus traballos para que ámbolos dous espazos se atopen nas mellores condicións posibles de cara á festividade de Todos os Santos. Trátase dunhas datas na que se reúnen en Melide os veciños e tamén os que están fóra para honrar aos seus familiares defuntos.

Os traballos realizados foron a revisión de puntos de luz e sustitución dos deteriorados, reposición de plantas, adecentamento das zonas de xardín, limpeza e traballo de poda de árbores, etc.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp