Novas

Máis novas

Xuntanza coa Delegación do Goberno para incrementar a seguridade na N-547

25/10/2019. Na mañá de hoxe o alcalde do Concello de Melide, José Manuel Pérez e o seu primeiro tenente de alcalde, José Antonio Prado acudiron á Delegación do Goberno na Coruña para manter unha xuntanza de traballo que incremente a seguridade na N-547 na vila

MELIDE 25 de outubro de 2019.- José Manuel Pérez e José Antonio Prado, alcalde e tenente de alcalde do equipo de goberno do Concello de Melide, mantiveron unha xuntanza de traballo na delegación do goberno na cidade herculina para abordar a melloras da seguridade viaria da N-547 ao seu paso pola vila. Estiveron acompañados pola subdelegada do gobernó en Galicia, Pilar López-Riobóo e o xefe de Demarcación de carreteras en Galicia, Ángel del Río e personal técnico de ambos departamentos.

Xuntos analizaron a situación actual da estrada nacional en Melide, sendo a principal vía de entrada e saída do casco urbano para todos aqueles vehículos que realizan o percorrido Santiago de Compostela- Lugo e viceversa, logo de facer uso da autovía A-54 a través dos seus enlaces en Arzúa e Palas de Rei. Debido a esta situación o tráfico rodado na vila incrementouse de maneira exponencial aumentando así os riscos tanto para os condutores como para viandantes.

Ao mesmo tempo dende o equipo de goberno de Melide tamén avanzaron na necesidade de mellorar a visibilidade de numerosas pasos de peóns existentes no casco urbano incrementando a seguridade para veciños e dos milleiros de peregrinos que nos visitan.

“Foi unha reunión moi positiva na que analizamos a problemática existente na N-547 ao seu paso por Melide. Unha vez feitos os estudos necesarios adoptaranse as posibles solucións. Para o cal, seguiremos en contacto para acometer acccións concretas que repercutan na seguridade de condutores e viandantes na vila”, apuntan fontes municipais.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp