Novas

Máis novas

Melide destina preto de 177.000 euros para a mellora de accesos no rural

24/10/2019. A Xunta de Goberno Local do Concello celebrada onte aprobou obras de mellora de accesos ao rural melidense por un importe de preto de 177.000 euros. Entre as parroquias beneficiarias atópanse O Barreiro ou Baltar entre outras

MELIDE 24 de outubro de 2019.- O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada no día de onte melloras de accesos en diferentes parroquias e lugares do municipio por un importe de preto de 177.000 euros.

Concretamente esta cantidade de inversión no rural melidense aprobada na última XGL divídese en dous proxectos. O primeiro comprende unha cantidade total de 98.500 euros cos que se arranxará a pista de acceso a Traspedra, e as pistas de Cobas-Vilaverde, Pedrouzos-Loures, Loures-Gondollín, o camiño a Gondollín, o do Agro, o do Richiniol, a pista do Requeixo, do Real Vello, de A Garea e os accesos ao muíño de Trasmundi, aos muíños de Catasol, o da granxa no Barreiro e o acceso O Real.

O segundo proxecto por un importe de mais de 78.000 euros de acondicionamento de pistas e accesos ao rural aprobada onte, mellorará o acceso a escola de Baltar, a pista que une Baltar e a Uceira, a existente entre Castiñeiroa e Casas Novas, a pista de Xubial a AC840 e a de Maceda. En canto ao acondicionamento dos accesos realizaranse actuacións no acceso ao Pazo de Tarrío, ao Alto e a Saville.

En total, acometeranse melloras nun total de 22 pistas e acceso ao rural. Tal e como apuntan dende o goberno local encabezado polo alcalde José Manuel Pérez,  “estas obras corresponden ao POS+2017, pero tiñan que estar rematadas dende hai dous anos. Intentamos axilizar todos os trámites administrativos debido ao retraso na execución que levan estas actuacións, antepoñendo sempre o benestar dos veciños e veciñas do rural xa que existen obras moi necesarias por existir nestes momentos camiños totalmente intransitables no rural melidense”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp