Novas

Máis novas

A Fundación

23/10/2019. A praza do Convento acolleu a saída cara Compostela da Fundación “A la par” que comezou o Camiño na nosa vila. A concelleira de Política Social e os usuarios do centro ocupacional acompañaron ao grupo nun treito do Camiño

MELIDE 23 de outubro de 2019.- A concelleira de Política Social do Concello de Melide, Carmen Liñeira recibiu esta mañá na praza do Convento á Fundación “A la par” que comezou o seu Camiño de Santiago na nosa vila. Xunto con ela estiveron os usuarios e usuarias do centro ocupacional de Melide que realizaron conxuntamente co colectivo de A La Par un anaco do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola compañía Alquiber Quality para dar visibilidade á discapacidade intelectual. Entre os días 22 e 25 de outubro un grupo de mozos da Fundación A La Par percorrerán 60 quilómetros do Camiño Xacobeo para entregar en Santiago as mensaxes e bos desexos daqueles compañeiros que non poden acompañalos.

DEPORTISTAS DE ELITE  

Entre os mozos que emprenderon esta aventura destacan Alejandro Navas, que con tan só 13 anos conseguiu tres medallas no Campionato de España de Atletismo; ademais, participan Pablo Otero e Sara Sánchez, gañadores respectivamente de 8 e 3 medallas da categoría de Natación de consecutivos Campeonatos de España.

Os paralímpicos medallistas Marta Casado– participa en nos xogos paralímpicos de Tokio 2020 en atletismo, Melanie Berges – cuarta nos xogos paralímpicos de Río de atletismo e campioa de Europa e Álvaro Galán – campión de Europa de boccia e subcampión do Mundo exercen como padriños da iniciativa, prestando todo o seu apoio a través dunhas charlas motivacionales aos peregrinos.

O total de integrantes da comitiva supera a vintena, entre os mozos da Fundación, os monitores, condutores e responsables de Alquiber.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp