Novas

Máis novas

Melide pon en marcha un programa de dinamización no centro social

18/10/2019. O Concello de Melide poñerá en marcha dende esta fin de semana no centro social da vila un programa de dinamización cultural durante os sábados e os domingos que terá como obxetivo favorecer o envecellecemento activo dos socios e socias

MELIDE 18 de outubro de 2019.- A Concellería de Política Social do Concello de Melide ao fronte da cal se atopa Carmen Liñeira poñerá en marcha dende esta próxima fin de semana un programa de dinamización cultural para os socios e socias do centro social.

Esta programa poñerase en marcha durante as tardes dos sábados e dos domingos na instalación municipal co obxetivo de favorecer o envellecemento activo de todos aqueles veciños e veciñas que pasan as súas tardes de lecer na compaña dos seus iguais no centro social.

Actividades musicais, xogos, tarefas para reforzo da memoria, e un sinfín de alternativas para o tempo libre dos maiores,  así como a posta en marcha de diferentes talleres e festas monográficas segundo se vaian sucedendo no calendario as festividades típicas do ano: nadal, entroido, verán, etc, formarán parte desta iniciativa do Concello de Melide. “Con esta iniciativa pretendemos dinamizar a vida social das persoas maiores no municipio e mellorar así a súa saúde tanto física como mental. Prevenos unha alta participación debido á boa resposta recibida por parte deste colectivo en todas as actividades que se organizan para os socios e socias do centro social”, apuntan dende o ente local.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp