- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello informa á Xunta das deficiencias do Camiño Francés
15/10/2019. Un informe técnico achegado polo Concello de Melide á dirección xeral de Turismo recolla as deficiencias coas que conta o actual estado do treito do Camiño que atravesa a vila. Dende o Concello instan á Xunta a actuar de inmedianto
MELIDE 15 de outubro de 2019.- O Concello de Melide conxuntamente cos municipios que conforman a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés enviaron a comezos do mes de outubro un informe realizado no que se detalla o estado actual do treito do Camiño ao seu paso por cada vila.
No informe achegado por parte do Concello á dirección xeral de Turismo especifícanse as necesidades coas que conta na actualidade o treito do Camiño que atravesa a vila. Entre elas, atópanse as zonas de empedrado con adoquíns soltos, a deficiencia de papeleiras e bancos en posibles zonas de descanso. Fan especial fincapé neste sentido, no tramo do Camiño Alternativo, que comprende entre o lugar de Penas e ata Parabispo, en bo estado de conservación pero con falta de roza e mobiliario público que facilite o tránsito de peregrinos e visitantes nesa zona.
A maiores, e tal e como se explica no informe elaborado polo Concello de Melide xa fixo chegar á dirección xeral de Turismo, a empresa contratada que elaborou os traballos de roza mecanizada nos meses do verán, deixou zonas sen realizar as tarefas pertinentes, labores inacabadas que tiveron que ser subsanadas polas brigadas municipais para adecentar integramente a zona.
Especial preocupación amosa o Concello de Melide no informe achegado aos encargados do mantemento do Camiño de Santiago nas vilas galegas ao apreciar numerosos tramos que contan con profundas fochancas. Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide insta á Xunta de Galicia a solucionar as deficiencias do Camiño ao seu paso pola vila xa que é coñecedora das necesidades existentes. Situación que de non arranxar de inmedianto, antes de que chegue o período de augas do inverno, vai agravarse, podendo deixar incluso eses tramos totalmente intransitables”.