Novas

Máis novas

ARIGAL presenta o documental ‘Que sabes dos áridos?’ en Melide

14/10/2019. Melide será o primeiro concello con actividade mineira que proxectará este documental o próximo 17 de outubro. A nosa vila seguirálle as proxeccións noutros concellos como A Laracha, Meis e Baralla. Terá lugar no edificio multiusos

MELIDE 14 de outubro de 2019.-ARIGAL, a Asociación Galega de Áridos, ARIGAL, presenta o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración co Concello de Melide. A proxección acompañarase dun coloquio posterior no que que se tratará o futuro da industria e a súa integración na contorna rural galega.

O obxectivo da reportaxe é mostrar a realidade do sector mineiro, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia.

Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, ARIGAL realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedoras da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e o seu papel na sociedade.

O primeiro concello que acollerá esta xornada será o de Melide, o vindeiro 17 de outubro ás 20:00 horas, na Sala de conferencias do Edificio Multiusos. Tras a proxección do documental, terá lugar un coloquio para tratar a realidade desta industria e a súa integración na zona. Á proxección e posterior coloquio asistirán o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e representantes da Asociación de Troiteiros Río Furelos e da Asociación cultural veciñal Melidá.

O documental tamén se presentará nos concellos de A Laracha, Meis e Baralla nas próximas semanas.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp