- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O polideportivo acolle as probas da Selección Galega de Fútbol Sala
11/10/2019. Melide acollerá o próximo luns o adestramento da Pre-Selección Galega de Fútbol Sala Sub 19 masculina e o mércores os entrenos da Sub 16 feminina. Será tamén unha xornada de portas abertas para achegar este deporte á veciñanza
MELIDE 11 de outubro de 2019.- O Pavillón Municipal de Melide acollerá este próximo luns 14 de outubro o adestramento da Pre-Selección Galega de Fútbol Sala Sub 19 masculina e o mércores 16, o amestramento da Pre-Selección Galega de Fútbol Sala Sub16 feminino.
Os entrenos estará dirixidos por Roberto Testa, seleccionador sub 19 masculino, como por Jorge Basanta, técnico do elenco feminino, que continúan facendo probas para a cita nacional co fútbol sala. Así, os dous adestradores volveron a realizar senllas preseleccións, que a próxima semana, se vestirán de curto para levar a cabo sesións preparatoria.
O banco de probas para o equipo masculino, pola súa banda, terá lugar no Pavillón Municipal de Melide a partir das 20h horas o próximo luns e o mércores á mesma hora será a quenda para o equipo feminino. As portas da instalación do polideportivo local melidense estarán abertas para todos aqueles veciños e veciñas que queiran achegarse a ver os adestramentos.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Os combinados autonómicos da categoría sub 19, tanto masculino como feminino, xa saben que en decembro, no caso das rapazas, e en xaneiro, no caso dos rapaces, terán que afrontar a fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
O colectivo feminino que prepara Jorge Basanta disputará dita fase previa exercendo como anfitrión entre o 26 e o 29 de decembro. Galicia quedou encadrada no Grupo A xunto con Madrid, Ceuta e Castela A Mancha. Os mozos, pola súa banda, xogaranse o pase á seguinte fase deste Campionato de España en Extremadura entre o 16 e o 19 de xaneiro. A Selección Galega sub 19 masculina forma parte do Grupo D xunto con Extremadura, País Vasco e Melilla.