- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A loita contra a violencia de xénero a análise na Xunta Local de Seguridade
09/10/2019. Na mañá de onte celebrouse no salón de Plenos do Concello de Melide a Xunta Local de Seguridade onde se analizou a posible incorporación da Policía Municipal aos sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista
MELIDE 9 de outubro de 2019.- O Concello de Melide acolleu na mañá de onte a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se levou a cabo a aprobación da acta de 2016, a última sen aprobar que consta na casa consistorial. Durante esta xuntanza analizouse a posible incorporación do corpo da Policía Local ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero Viogen. A xuntanza estivo presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; e o alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas.
Na reunión, na que estiveron representantes da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local ademáis de varios membros do Goberno municipal, quedou reflexada a intención do Concello de Melide para tratar de adherirse ao protocolo establecido entre o Goberno de España e a FEMP para a protección de vítimas de violencia doméstica e de xénero, que permitirá a incorporación da Policía Local ao sistema de prevención e control das vítimas. Esta posible incorporación abordarase de maneira definitiva polo Concello trala incorporación de tres novos axentes nas próximas semanas e será debatida nunha próxima Xunta Local de Seguridade, na que se espera refrendar a decisión.
O Concello de Melide amosou durante a xornada celebrada no día de onte interese pola integración de maneira definitiva da Policía Local no sistema Viogen de loita contra a Violencia de Xénero, impulsado polo Goberno para promover as actuacións necesarias para as policías locais, no marco da súa colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, para que cooperen en asegurar o cumprimento das medidas acordadas polos órganos xudiciais. Para esta mellora en materia de coordinación, e de acordo ao recollido no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, é preciso contar cun convenio entre Ministerio de Interior e o Concello para que a Policía Local poida protexer ás posibles vítimas unha vez valorado o nivel de risco polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Ademáis, a Xunta de Seguridade foi informada da convocatoria dunha próxima reunión da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que están representantes do Goberno municipal, Subdelegación de Goberno, Forzas e Corpos de Seguridade, ademáis de membros dos servizos sociais e doutros estamentos e servizos que poidan gardar relación coa loita contra a violencia de xénero.
DESCENDEN AS INFRACCIÓNS PENAIS
Por outra parte, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estadística relativa á seguridade cidadá no municipio, na que se constatou que os índices de criminalidade descenderon nos oitos primeiros meses do ano respecto ao 2018 xa que se evidenciou unha considerable baixada das infraccións penais, de tal xeito que o concello mantense con índices de criminalidade inferiores aos existentes na provincia, na comunidade autónoma e no Estado. É importante destacar que tanto a subdelegada do Goberno como o alcalde mostraron a súa satisfacción pola boa coordinación das forzas de seguridade.
HORARIOS HOSTALERÍA
Da mesma maneira, na Xunta Local de Seguridade analizouse tamén a problemática relativa aos horarios de peche dos locais hosteleiros e na necesidade de facer cumprir con maior rigor a lexislación neste sentido.