- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Recollidas case 40 toneladas de plásticos agrícolas nas parroquias
09/10/2019. O Concello pon punto final a unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas nas parroquias. Foron un total de 38.940 quilos os que se levan recollido ao longo do ano neste tipo de campañas de gran éxito entre a veciñanza
MELIDE 9 de outubro de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellaría de Medio Ambiente levou a cabo unha campaña de reciclaxe de plásticos agrícolas, onde se estableceu un calendario de recollida por todas as parroquias e incluso en pleno casco urbano.
Tal e como informan desde o Concello de Melide, foron un total de 38.940 quilos de plásticos agrícolas os que se recolleron neste ano. Milleiros de quilos de plásticos agrícolas serán tratados para a súa reciclaxe grazas a esta iniciativa do Concello de Melide, que ten por obxectivo eliminar estes restos, fundamentalmente agrícolas, dos vertedoiros ilegais e dos contornos domésticos.
O CONCELLO FACILITA A RECICLAXE DOS PLÁSTICOS AGRÍCOLAS
O amoreamento de plásticos procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un problema de difícil solución para os labregos, dada a difícil capacidade de deterioramento destes materiais. Por iso, e para evitar o amoreamento de plásticos en vertedoiros incontrolados ou provocando contaminación visual a carón dos domicilios e explotacións gandeiras, o Concello de Melide promove este tipo de campañas de recollida de plásticos agrícolas dúas veces ao ano como mínimo, establecendo un calendario para todas as parroquias que será comunicado aos veciños e veciñas en tempo en forma a través dun bando municipal.