Novas

Máis novas

O espectáculo de Pakolas chega a Melide para animar a ler aos escolares

08/10/2019. Dentro do programa Ler Conta Moito, os escolares dos tres colexios de Melide achegáronse hoxe á biblioteca Xosé Vázquez Pintor para gozar das aventuras de Pakolas. Música en directo e aventuras para os cativos e cativas dos ceips

MELIDE 8 de outubro de 2019.- A biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor acolleu durante a mañá de hoxe a música e o espectáculo de Pakolas. Os convidados foron os rapaces e rapazas dos tres colexios de Melide dos cursos de 1º, 2º e 3º de primaria.

En quendas dunha hora, o alumnado dos ceips de Melide gozaron co espectáculo de Pakolas, quen interpretou en directo unha escolla dos seus temas propios par apúblico infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que estusiasmaron a cativos e cativas, con letras sempre axeitadas para eles. O eixo fundamental do espectáculo de Pakolas, radica na combinación de cancións coas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa parábola musical da que aprender e na que pensar.

A actuación de hoxe na biblioteca Xosé Vázquez Pintor enmárcase dentro do programa Ler Conta Moito para dinamización das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

MES DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro celébrase o día da bilioteca, é por iso que dende o Concello de Melide organizan numerosas actividades para celebralo. A finais de semana terá lugar tamén para os escolares unha actividade que traballará a igualdade e que levará por nome “Mulleres que contan”. O venres 25 de outubro e para celebrar o propio día da biblioteca chegará a Melide a compañía Elefante Elegante co espectáculo “O xigante”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp