Novas

Máis novas

A actividade deportiva chega ao rural da man da ximnasia de mantemento

08/10/2019. O Concello de Melide poñerá en marcha dende o vindeiro luns 14 d eoutubro a actividade de ximnasia de mantemento nas parroquias da vila. Máis dun centenar de persoas participan nestas actividades ano tras ano no rural melidense

MELIDE 8 de outubro de 2019.- O Concello de Melide pon en marcha dende o próximo luns, 14 de outubro, a actividade de ximansia de mantemento nas parroquias do rural. Trátase dunha iniciativa que ten como obxetivo dar alternativas saudables nas diferentes parroquias onde os seus veciños moitas veces por falta de transporte ou falta de tempo para desprazarse á vila, non poden gozar das actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais e da terceira idade. Na actualidade hai un total de sete grupos.

As sesións de ximnasia de mantemento constan dunha hora semanal e na maior parte dos casos o lugar onde se realiza é nos seus centros sociais. A actividade é gratuita para os veciños e non é necesaria inscrición, tan só achegarse ao lugar de impartición para poder gozar da sesión de ximnasia de mantemento. Esta iniciativa que se pon en marcha no mes de outubro terá continuidade ata o mes de maio.

Trátase dunha actividade que goza de moito éxito por parte da veciñanza das parroquias e o Concello de Melide vai abrindo novos grupos dependendo das demandas dos veciños.

HORARIOS E LUGARES

A ximnasia de mantemento lévarase a cabo no centro social de Furelos ás 17.15h os luns, ás 20h en San Salvador e ás 21.15h no Meire. Os martes ás 17.15h en Moldes e ás 21 en Grobas, os xoves ás 20.30h en Maceda e os venres ás 10.30h en San Martiño das Varelas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp