- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Preto dunha trintena de veciñas participan na Carreira da Muller
23/09/2019. Durante a mañá de onte na Coruña, preto dunha trintena de veciñas, dun total de 7.500 participantes, acudiron á Carreira da Muller que constou de 6,5 quilómetros, percorrido que realizaron correndo ou camiñando
MELIDE 23 de setembro de 2019.-A Concellería de Política Social do Concello de Melide que dirixe na actualidade Carmen Liñeira, apoiou ás veciñas que participaron na carreira da muller por terceiro ano consecutivo. Trátase dunha actividade con fins benéficos xa que os cartos que se recaudaron das inscricións foron doados á Asociación Española contra o Cancro.
A carreira que se realizou a nivel estatal, tivo un percorrido de 6,5 quilómetros e podíase realizar correndo ou camiñando. Máis de 7.500 mulleres participaron nesta proba no día de onte e preto dunha trintena foron veciñas de Melide.