- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Pautas para a sensibilización e mediación familiar en casos de ruptura en Melide
11/09/2019. A Concellería de Política Social do Concello de Melide pon en marcha un taller gratuíto para profesionais e familias cun único obxetivo: sensibilizar na mediación familiar en casos de ruptura. Será gratuito e no multiusos da vila
MELIDE 11 de setembro de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Política Social levará a cabo un taller para profesionais e familias para a sensibilización na mediación familiar en casos de ruptura.
Entre os contidos deste taller gratuíto que se celebrará na sala de conferencias do edificio Multiusos, profundizarase nos diferentes roles da familia, nos beneficios da colaboración parental, nos dereitos dos e das menores ou diversas estratexias empregadas polos menores fronte a unha ruptura, entre outras.
O taller celebrarase o mércores 25 de setembro en horario de mañá para profesionais de 10h a 14h e pola tarde para as familias dende as 16h e ata as 19h.
As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto para realizar as súas inscricións no Centro de Información á Muller de Melide, situado no Centro Social ou no teléfono 981 50 57 06 ou no enderezo electrónico cim@concellodemelide.gal. A data límite para realizar a súa inscrición é o 18 de setembro.