- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide contará cun Punto Violeta durante a Festa do San Caralampio
05/09/2019. Un stand con material divulgativo e profesionais con experiencia e voluntarios ofrecerán información e asesoramento este domingo na zona vella durante a Festa do Caralampio. Daralle visibilidade tamén aos servizos do CIM melidense
MELIDE 5 de setembro de 2019.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Política Social instalará durante a xornada do próximo domingo, cando se celebra a Festa do San Caralampio, un stand na zona vella da vila con material divulgativo e información co fin de educar, sensibilizar, visibilizar e incentivar a resposta cidadá de rexeite e denuncia activa ante calquera tipo de agresión sexista, así como para empoderar e acompañar ás mulleres.
Tal e como explica Carmen Liñeira, concelleira de Política Social do Concello de Melide, con este feito “pretendemos sensibilizar e conciencia á cidadanía de que as relacións afectivas teñen que ser sempre consentidas e libres. Queremos prever agresións e comportamentos que incomoden ás mulleres”.
De igual maneira o Punto Violeta que se instalará en Melide en xornada dominicial tamén ofrecerá información sobre o Centro de Información á Muller co que conta o municipio e que presta axuda ás mulleres ao longo de todo o ano nas instalacións do Centro Social. Un servizo que está a disposición das veciñas tanto para informarse como para solicitar axuda.
O Concello apunta que as administracións deben aproveitar esa receptividade que se está a visibilizar nos últimos anos para traballar en iniciativas de sensibilización, prevención e intervención, que nos acheguen a un futuro no que as desigualdades e as agresións poidan considerarse como casos excepcionais e universalmente rexeitables.
PROFESIONAIS E VOLUNTARIOS NO PUNTO VIOLETA
Técnicos e profesionais dos servizos sociais de Melide acompañados de voluntarios serán quenes atendan a todas aquelas persoas que se acheguen ao Punto Violeta en búsqueda de asesoramento o próximo domingo na vila. A atención ao público será pola mañá de 12h a 14h e pola tarde de 18h a 20h.